Noticias
08/04/2026
Federativas
Nilo Rubén Pérez Calo, campión de dobres no MT400 Valencia
Nilo Rubén Pérez Calo, campión de dobres e semifinalista individual na categoría +70 do MT400 Valencia celebrado do 31 de marzo ao 5 de abril no Club de Tenis Valencia.
Na categoría individual +70, foi eliminado nas semifinais por Ricardo Tomás Inoges, cun resultado 6-3 3-6 10-8.
Na categoría de dobres, Nilo Rubén fixo parella con Francisco Javier Montoliu Taranco. Gañaron a final cun resultado de 6-1 e 6-0 ante Antonio Ferragut Ramis e Pepe Pérez Sanchis.
¡Parabéns por este novo título!