Noticias
22/04/2026
Federativas

Martín De la Puente logra outro dobrete en Seúl

Martín De la Puente é imparable, tras os títulos acadados no Open de Georgia e Daegu, conseguiu gañar as dúas modalidades do WC500 Seúl – Seúl Korea Open, celebrado do 14 ao 18 de abril en Korea.

Na competición individual, o xogador vigués eliminou os seguintes xogadores para asegurarse unha praza na final:

  • Oitavos – Frederic Cattaneo (FRA) 6-4 6-2
  • Cuartos – Zhenxu Ji (CHN) 6-0 6-1
  • Semis – Maarten Ter Hofte (NED) 6-1 6-3

O seu opoñente na final foi o británico Gordon Reid (GBR). Reid gañou o primeiro set por 4-6, pero Martín remontou gañando o segundo e o terceiro set por 6-3 e 6-2.

En dobres, formou parella con Tom Egberink (NED). Derrotaron na final á dupla formada por Ho Won Im (KOR) e Daniel Rodrigues (BRA), cun resultado de 6-3 e 6-4.