Noticias
22/04/2026
Federativas
Bo resultado para Rafa Izquierdo no M15 de Ceuta
Rafael Izquierdo conseguiu chegar ás semifinais do Torneo Internacional M15 de Ceuta, celebrado do 13 ao 19 de abril.
Nos individuais, Rafa venceu a Marcel Kamrowski (POL) por 6-2 e 6-1 na primeira rolda.
Na segunda rolda eliminou o terceiro cabeza de serie, Maxence Bertimon (FRA), cun resultado de 7-6(5) 6-4 e nos cuartos de final desfíxose do número 5, Pavel Laguntil (RUS) cun resultado de 6-2 7-6(7).
Nas semifinais perdeu nun partido moi axustado contra Alejandro Turriziani Álvarez (ESP), o resultado foi de 7-6(5) e 7-6(4).