Noticias
27/04/2026
Federativas

O M15 Sanxenxo – World Tennis Tour concluíu no Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo.

  • Campión: Henry SEARLE (GBR)
  • Finalista: Tiago TORRES (POR)
  • Campións Dobres: Rafael IZQUIERDO LUQUE (ESP)/ Diogo MARQUES (POR)
  • Finalistas Dobres: Louis VAN HERCK (LUX) / Marlon VANKAN (GER)

Rafael Izquierdo Luque, campión de dobres.

Éxito para o deporte galego coa vitoria do santiagués Rafael Izquierdo, que se asociou co portugués Diego Marques, un tándem que funcionou á perfección, co que Izquierdo sente unha harmonía perfecta.Aguantar ha sido la clave », confesou Izquierdo. «Hemos estado siempre por debajo del marcador, pero el resistir y remontar ha sido estratégico para llevarnos el triunfo », concluíu o tenista galego. O resultado final foi de 6-3, 6-7(4) e 9-11, xogado contra o luxemburgués Louis Van Herck e o alemán Marlon Vankan.

Tomás Currás Abasolo conseguiu chegar aos cuartos de final.

Tomás Currás tivo que despedirse do torneo, afectado por molestias musculares e fatiga acumulada da súa última viaxe. «Llegué un poco cansado físicamente ya que venia de jugar dos semanas en Serbia, pero con buenas sensaciones a nivel de tenis », explicou o xogador vigués. «En primera ronda tuve un partido que no fue tan físico, pero en segunda, contra Pavel, fue muy duro y esto me condicionó el físico en los cuartos de final. Pero contento por jugar este torneo un año mas y gracias a la organización por el trato recibido ”, concluíu Currás. Finalmente, o vigués cedeu ante o portugués Tiago Torres por 6-4 e 6-1.