Noticias
27/04/2026
Federativas
Martín De la Puente, finalista de dobres no Japan Open 2026 – WC1000 Iizuka
Martín De la Puente, xogador de tenis en cadeira de rodas de Vigo, foi finalista na categoría de dobres do Japan Open 2026 – WC1000 Iizuka
Xunto co neerlandés Tom Egberink, eliminaron a Daniel Caverzaschi e Ruben Spaargaren (NED) nas semifinais cun resultado de 6-4, 4-6 e 10-8.
Na final perderon contra os favoritos do torneo, Alfie Hewett (GBR) e Gordon Reid (GBR).
Na categoría individual, o xogador chino Zhenxu JI eliminou a Martín na segunda rolda, o resultado 6-3 2-6 6-4.
Nesta ocasión, estivo acompañado por Miguel Casal como o seu adestrador.