Noticias
04/05/2026
Federativas
Luis Ordieres Canal, campión no ITF MT200 Estepona
Luis José Ordieres Canal proclamouse campión na categoría +55 do ITF MT200 de Estepona celebrado do 29 de abril ao 03 de maio no Bel Air Tennis Club.
Para chegar á final, o xogador do Club Tenis Atobeira eliminou aos seguintes xogadores:
- 1R – Harald Knigge (GER) 6-1 6-2
- Cuartos – Marc Magistrali (ITA) 6-0 6-3
- Semis – Michel Carpentier (BEL) 6-0 6-1
Na final desfíxose do belga Christophe Dister cun gran resultado de 6-3 6-2.
Os seguintes xogadores tamén participaron neste torneo:
- Fernando de Pablos Benavides, que caeu nos oitavos de final da categoría +60
- Iván Lima, que perdeu nos cuartos de final da categoría +50
- Armando Aniorte, que perdeu na primeira rolda da categoría +55.