Iago Domínguez Álvarez, terceiro clasificado no Campionato de España Universitario 2026
Do 4 ao 7 de maio de 2026, o Centro de Adestramento de Tenis Blas Infante da Federación Andaluza de Tenis foi o escenario do Campionato de España Universitario 2026, no que o xogador galego Iago Domínguez Álvarez acadou un meritorio terceiro posto.
Os Campionatos de España Universitarios son unha competición oficial organizada polo Consello Superior de Deportes, que acolle a deportistas universitarios de todas as universidades españolas e representa a máxima competición deportiva universitaria a nivel estatal, que clasifica as Universidades para os Campionatos Europeos/Mundiais Universitarios.
Cun total de 25 universidades públicas e privadas españolas competindo, Iago Domínguez Álvarez, representando a Universidade CUNEF, acadou a medalla de bronce ao quedar terceiro no devandito torneo.
Con este resultado, Iago consegue a súa mellor clasificación nos Campionatos Nacionais Universitarios, mellorando o cuarto posto obtido o ano pasado coa Universidade de Vigo – centro IESIDE –.
¡Parabéns Iago!