Noticias
09/06/2026
Institucionais

Martín De la Puente alcanza as semifinais individuais e a final de dobres en París

O tenista vigués Martín De la Puente completou unha actuación destacada en Roland Garros 2026, chegando ás semifinais en individual e á final do dobres masculino.

Na competición individual, De la Puente xogou un dos partidos máis emocionantes do torneo, derrotando ao xaponés Takuya Miki por 6-4, 2-6 e 7-6(8) nos cuartos de final, remontando unha desvantaxe de 0-4 no desempate decisivo. Esta vitoria permitiulle chegar ás semifinais de Roland Garros por terceira vez na súa carreira.

Xa nas semifinais, o galego enfrontouse ao número un do mundo, Tokito Oda, poñendo fin a unha magnífica xeira na terra batida parisiense.

Ademais, De la Puente realizou unha gran actuación en dobres xunto ao francés Stéphane Houdet. A parella competiu polo título contra o dúo británico formado por Alfie Hewett e Gordon Reid, unha das parellas máis dominantes do circuíto internacional.

¡Parabéns Martín!