Noticias
09/06/2026
Federativas
Gonzalo González González gaña o Europeo MT1000 de Budapest na categoría +60
O lucense Gonzalo González González gañou o título de campión +60 no MT1000 Budapest Regional Championships, celebrado do 1 ao 7 de xuño de 2026.
Na final venceu ao holandés Bart Theelen por 6-4, 3-6 e 6-4, confirmando o seu gran estado de forma.
Resultados no torneo:
- Oitavos de final: vitoria contra o húngaro Levente Nandori, 6-0 6-1
- Cuartos de final: vitoria contra o italiano Alessandro Fornaro, 6-0 6-2
- Semifinais: vitoria sobre o italiano Diego Mandara, 6-1 7-5
- Final: vitoria contra o vixente campión, o neerlandés Bart Theelen, por 6-4, 3-6 e 6-4.
Esta vitoria en Budapest permítelle ascender ao número un do ranking mundial ITF Masters na categoría +60, consolidándose como un dos xogadores máis destacados do circuíto internacional de veteranos.