Rafael Izquierdo asina unhas brillantes semifinais no M25 de Martos
O tenista galego Rafael Izquierdo Luque completou unha destacada actuación no torneo ITF M25 de Martos, chegando ás semifinais tanto en individual como en dobres.
No seu camiño ás semifinais, derrotou ao brasileiro Thomas Miranda por 6-3, 6-2, a Mario González Fernández por 6-3, 6-4 e ao francés Dan Added nun esixente partido de cuartos de final por 6-3, 6-7(8) e 6-1. A súa gran semana concluíu nas semifinais contra o portugués Joao Domingues, contra quen perdeu por 6-4 e 6-0.
Tamén realizou unha actuación destacable na competición de dobres, xunto a Alberto Barroso Campos. A parella debutou cunha vitoria contra Pablo Martínez Gómez e Bernardo Munk Mesa, por 7-5 e 7-5. Nos cuartos de final, volveron a gañar, esta vez contra Iván López Martos e Xavi Palomar, por 6-2 e 6-3, asegurándose o seu posto entre as catro mellores parellas do torneo.
A súa andaina no cadro de dobres rematou nas semifinais, onde non puideron superar á parella formada por Jeffrey Hsu e Michael Zhu, quedando a piques de chegar á final.
Con presenza en semifinais tanto en individual como en dobres, Rafael Izquierdo conclúe unha excelente semana en Martos, sumando puntos importantes para a clasificación e reafirmando a súa progresión no circuíto profesional.