Noticias
13/07/2026
Federativas

Campionato de España por Equipos de Comunidades Autónomas de Tenis Praia 2026

Durante os días 20 e 21 de xuño celebrouse na praia de Poniente (Benidorm) o Campionato de España de Tenis Praia por Comunidades Autónomas, onde a selección gallega competiu unha vez máis entre as mellores comunidades do país, rematando nunha meritoria sexta posición.

Galicia comezou a súa participación enfrontándose a Castilla-La Mancha, acadando unha contundente vitoria por 5-0. No cadro masculino, Alejandro Guimaraens e Jorge Martínez gañaron por 6-2, 6-3, mentres que Juan Amador e Luca Bergamini gañaron o seu partido por 7-6, 5-7 e 10-8. Na categoría feminina, Eva Fantova e Lydia García gañaron con autoridade por 6-2 e 6-0, mentres que Rosa Areán e Abril González remontaron para gañar por 5-7, 6-4 e 10-8. Marta Forte e Mateo Carrera completaron a eliminatoria, selando o pleno para Galicia cunha clara vitoria por 6-0 e 6-1 no partido de dobres mixtos.

Na segunda eliminatoria, Galicia enfrontouse a Andalucía, a cuarta cabeza de serie do torneo. O resultado final foi de 5-0 para os andaluces. Destacou especialmente o partido entre Eva e Lydia contra Lola Abadía e Laura Jiménez, no que as andaluzas gañaron por 1-6, 6-2 e 7-10 tras un intenso super tie-break. Jorge e Juan perderon por 4-6 e 0-6 contra Jorge Méndez e Samuel Hernández, mentres que Mateo e Alejandro caeron contra Alejandro Abadía e Liberto Amate por 3-6 e 2-6. No partido de dobres femininos, Marta e Rosa foron derrotadas polas irmás Gómez por 2-6 e 3-6.

Xa loitando polo quinto ao oitavo posto, Galicia enfrontouse a Asturias, cunha magnífica actuación de equipo para asegurar unha contundente vitoria por 5-0. Jorge e Alejandro derrotaron a Ignacio Lisa e César González por 6-2, 6-0, mentres que Mateo Carrera e Juan Amador gañaron 6-3, 6-3 sobre Benoit Salaün e Ossian Halley. Na categoría feminina, Lydia e Eva dominaron o seu partido por 6-1, 6-1, e Abril e Marta engadiron outro punto para Galicia cunha vitoria por 7-6, 6-1. A vitoria por goleada de Galicia completouse no partido de dobres mixtos, con Luca e Rosa conseguindo unha vitoria por 6-4, 7-6.

Na eliminatoria polo quinto e sexto posto, Galicia enfrontouse ao Valencia A. No cadro feminino, Marta e Rosa perderon por 2-6, 4-6 contra Bárbara Mingotes e Valeria Álvarez, mentres que Eva e Lydia caeron por 0-6, 3-6 contra Verónica Blaubach e Sara Albalate. Na categoría masculina, Alejandro e Luca conseguiron unha traballada vitoria por 7-6, 2-6, 15-13 contra Carlos Solsona e Sergio Grimalt, mentres que Jorge e Juan non puideron superar a Jorge Rius e Pablo Rodríguez, perdendo por 6-4, 2-6, 4-10. Con estes resultados, a selección gallega rematou a súa participación nun meritorio sexto posto a nivel nacional.

En nome de toda a selección gallega, queremos agradecer á RFET e a todo o equipo o seu traballo e dedicación para facer posible este torneo ano tras ano.

Finalmente, quero agradecer á Federación Galega de Tenis por seguir apoiando e promocionando este deporte, e felicitar a todos os xogadores polo seu compromiso, esforzo e excelente representación de Galicia durante todo o campionato.

Crónica de Luca Bergamini e Lydia García.