Como sucede nos contextos nacional e internacional, a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo CODIV-19 requiriu da Administración autonómica a adopción de medidas dirixidas á contención da pandemia, á protección da saúde e seguridade dos cidadáns, e a mitigar o impacto sanitario, social e económico derivado da crise sanitaria. Estas actuacións comprenden distintas medidas dirixidas ao conxunto dos sectores afectados, tamén o sector deportivo.