Noticias
10/07/2020
Institucionais

La Xunta publica una nueva convocatoria para conceder 6 plazas de colaboradores -3 hombres y 3 mujeres- en el Centro Gallego de Tecnificación Deportiva

  • Los beneficiarios de las bolsas completan su formación como estudiantes al tiempo que se familiarizan con actividades relacionadas con las salidas profesionales de los estudios que están cursando

Santiago, 11 de julio de 2020.-  O Consello da Xunta aprobou no día de onte o proxecto de decreto polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base en Galicia, que será remitido ao Consello Consultivo de Galicia para os efectos do seu sometemento a ditame. O supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da comunidade conta cun prazo dun mes para elaborar este informe como paso previo a súa aprobación e publicación definitiva polo Consello da Xunta.

O novo decreto revisará, actualizará e mellorará a norma vixente -Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes-. Deste xeito, regulará o deporte de alto nivel de Galicia -práctica deportiva de interese para a Comunidade Autónoma polo estímulo que supón para o fomento do deporte base, pola súa función representativa da Comunidade Autónoma nas competicións deportivas oficiais do máximo nivel, nacional e internacional, e por estar dirixida á obtención dos máximos resultados- e, como principal novidade, regulará tamén o alto rendemento deportivo -práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo- e o rendemento deportivo de base -etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel-.

O novo decreto establece asemade o catálogo de dereitos e obrigas dos axentes deportivos recoñecidos nas distintas categorías como dereitos de carácter educativo, laboral ou económico que inclúen importantes vantaxes con respecto á norma vixente; así como o procedemento e requisitos establecidos para o recoñecemento de deportistas e tamén a técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, como novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo. Asemade establécese a posibilidade de obter este recoñecemento con carácter vitalicio.

Tamén se regulará dentro deste novo texto o recoñecemento dos centros de alto nivel e os núcleos de adestramento especializado e, como un dos puntos de meirande importancia, a creación da Oficina de Atención ao Deportista, ferramenta necesaria dentro de calquera sistema de protección global e efectiva dos axentes deportivos, e que permitirá a súa atención, dende o asesoramento, en todas as etapas –durante e despois- da súa carreira e dedicación competitiva.