Esta fin de semana disputouse a 19a Edición do Campionato de España de Tenis de Praia MAPFRE na marabillosa praia de Las Canteras en Las Palmas de Gran Canaria, batendo un novo récord de participación con xogadores de todo o país, con máis de 200 parellas e máis de 450 xogos. Este ano tamén foi o de maior representación galega, tendo xogadores en case todas as categorías, tanto feminina como masculina.