Convocatorias

  • 28/10/2022
    Plazo: 
    desde 29/10/2022 hasta 28/11/2022

    ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

  • 05/10/2022

    RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2022 pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento PR945C).

  • 17/08/2022

    RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022 pola que se publica a concesión de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

  • 27/07/2022

    LISTAXE cos datos deportivos aportados polas federacións deportivas galegas para a valoración das solicitudes de subvención da LIÑA I (PR945C)

  • 01/06/2022

    RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022, da Subdirección Xeral de Plans e Programas, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a baremación provisional das entidades admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución de 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

  • 27/05/2022

    Procedemento PR960A TEMPADA 2021/22 2ª FASE.

    En data venres 27 de maio de 2022, o Presidente da Fundación Deporte Galego resolveu a adxudicación e publicación definitiva das entidades e importes DO PLAN DE PATROCINIO DOS EQUIPOS DE ALTA COMPETICIÓN DE GALICIA. TEMPADA 2021-22. 2ª FASE.

  • 25/05/2022

    RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2022, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas á emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR945C).

  • 13/05/2022

    RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a relación definitiva das solicitudes desestimadas e inadmitidas ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

  • 07/04/2022

    RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas á emenda, as solicitudes en motivo de inadmisión e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

  • 05/01/2022
    Plazo: 
    desde 06/01/2022 hasta 07/02/2022

    RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR945C).