Nova
16/04/2021
Institucionais

Lete Lasa defende a “igualdade e a inclusión” como valores intrínsecos do deporte na presentación da 33ª tempada do Froiz

  • Lembra a figura de Guillermo Sande nun acto que serve para homenaxear ao que fora seleccionador galego de ciclismo

Pontevedra, 16 de abril de 2021.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación da 33ª tempada do Grupo Deportivo Supermercados Froiz que neste ano aspiran a loitar pola Copa de España -terceiros na clasificación individual con Pablo Alonso e quintos por equipos polo momento- e o Campionato Galego de fondo en estrada, ademais de intentar levarse a Volta a Zamora, a Volta a Galicia e a Volta a A Coruña.

O mandatario galego destacou a aposta polo deporte de máis de 30 anos realizada polo Froiz que leva como bandeira o lema de “aprender e crecer”. Así o demostran casos como o de Samuel Blanco, campión de España co Froiz en 2020 e que hoxe compite cun equipo profesional, o portugués Tavira. Neste sentido destacou o papel do director do Froiz, Evaristo Portela, quen “sabe da importancia do deporte na formación da mocidade”.

Ao fío desta idea Lete Lasa lembrou ao ex seleccionador galego de ciclismo, o tristemente desaparecido Guillermo Sande, como “unha persoa que entendeu como ninguén o deporte base” e destacou tamén a importancia de instruír aos mozos e mozas con valores como os da igualdade e da inclusión, tal e como facía Guillermo. Así, o secretario xeral destacou que, segundo datos do informe ‘O ciclimo, ante o seu maior porto’, o 42,8% das mulleres españolas e que o cilcismo é o segundo deporte adaptado máis practicado en España, tan só por detrás da natación.