Rexistro de entidades

Rexistro de entidades deportivas de Galicia

Altas no rexistro

A posta en marcha dunha entidade deportiva debe realizarse a través dun proceso de rexistro formal que se leva a cabo a través dos servizos provinciais de Deporte das delegacións provinciais da Presidencia da Xunta de Galicia, agás as federacións deportivas galegas, que se tramitarán na Secretaría Xeral para o Deporte. Antes de solicitar a inscrición no rexistro dunha entidade deportiva debe terse en conta que esta non pode utilizar ningún termo relativo a outro tipo de entidade diferente que poida inducir a erro ou confusión, nin utilizar ningunha denominación igual ou similar á doutra entidade xa rexistrada; tampouco poderán usar os símbolos ou emblemas doutras entidades ou asociacións, polo que sería conveniente que os interesados se poñan en contacto coa Secretaría Xeral ou os servizos de Deporte para preguntar se a denominación elixida xa pertence a outra entidade.

O trámite para a creación dun club deportivo deberá realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), procedemento PR946A "Rexistro de entidades deportivas", e deberá achegar a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición (modelo normalizado).
  • Acta de constitución da entidade deportiva.
  • Acta de aprobación dos estatutos pola Asemblea Xeral.
  • Relación dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos.
  • Estatutos da entidade. Os estatutos deben estar asinados en todas as follas por todos os fundadores.
  • Xustificante de ter aboado as taxas.
  • Para o caso de constitución de entidades deportivas por persoas xurídicas deberán achegar, ademais da fotocopia compulsada da escritura de constitución de cada persoa xurídica, a acreditación do poder de cada un dos representantes das persoas xurídicas fundadoras ou promotoras do club deportivo.
  • Certificación negativa de denominación.

*Pago de taxas a través de internet: o pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda. - (Acceso directo a iniciar taxa)

 

Documentación que debe presentarse para a creación das seccións deportivas

A través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal), deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición (modelo normalizado).
  • Fotocopia dos estatutos propios e do acordo da súa creación.
  • Certificado do acordo expreso do órgano de goberno da entidade pública ou privada correspondente, que manifestará a súa intención de crear esta sección, a súa forma de organización, o réxime de administración e o resto dos requisitos previstos na normativa deportiva.
  • Os datos dos promotores ou representantes legais.
  • Xustificante de ter aboado as taxas.

*Pago de taxas a través de internet: o pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda. - (Acceso directo a iniciar taxa)

 

Modificación do rexistro

Este é o procedemento que debe seguirse para comunicarlle ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia as modificacións xurdidas nunha entidade deportiva que afecten a este rexistro, como poden ser as seguintes: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas. Procedemento en sede electrónica PR946B "Modificacións do rexistro de entidades deportivas",

Documentación que debe presentarse

Sempre a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal), procedemento PR946B "Modificacións do rexistro de entidades deportivas", deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Solicitude normalizada.
  • Fotocopia da acta da Asemblea da entidade na que se acorden as modificacións ou certificación expedida polo secretario co Vº e prace do presidente, onde conste a modificación.
  • Para o caso de modificación de estatutos, versión íntegra do texto estatutario asinadas todas a follas polo presidente e o secretario da entidade.
  • Xustificante de ter aboado as taxas.

xeran pago de taxas os seguintes cambios:

  • Creación de seccións deportivas (sempre que non as pagaran no Rexistro de Asociacións; neste caso deberá xustificarse).
  • Modificación de estatutos.
  • Cambio de denominación.

Non xeran pago de taxas:

  •     Cambio de xunta directiva.
  •     Cambio de domicilio social.

*Pago de taxas a través de internet: o pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda. - (Acceso directo a iniciar taxa)

 

Códigos das taxas

  • Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: 04
  • Servizos centrais: 13
    • A Coruña: 10
    • Lugo: 20
    • Ourense: 30
    • Pontevedra: 40
    • Vigo: 41
  • Inscrición no rexistro de asociacións deportivas:300200. Importe: 10,47 euros
  • Modificacións do rexistro de asociacións deportivas:300200. Importe: 5,28 euros
  • Dilixenciado libros: 300100. Importe: 5,28 euros
  • Certificados:300401. Importe: 3,21 euros

 

Onde realizar calquera xestión referida ao Rexistro

    Servizos Provinciais de Deportes da Coruña
    Praza Agustín Díaz nº 1
    (Complexo deportivo Elviña)
    15008 A Coruña
    Teléfono: 881 960 771 - 881 960 772 - 881 960 773 - 881 960 767

    Servizos Provinciais de Deportes de Lugo
    Ronda da Muralla, nº 70 - 1º Andar
    27071 Lugo
    Teléfono: 982 294 567 - 982 294 568

    Servizos Provinciais de Deportes de Ourense
    Avenida da Habana nº 79 4º Andar
    32004 Ourense
    Teléfono: 988 386 048 - 988 386 050

    Servizos Provinciais de Deportes de Pontevedra
    Rúa Fernández Ladreda Nº 43 6ª Planta
    36003 Pontevedra
    Teléfono: 886 206 527

    Sección Promoción Deportiva Vigo
    Fotógrafo Luis Ksado, 17  36209 Vigo
    Teléfono: 886 218 282        

    Secretaría Xeral para o Deporte
    EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas) - 2º Andar
    15781 Santiago de Compostela
    Teléfono: 881 996 338