Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
A COMUNIDADE GALEGA CONTA CON 495 PERSOAS DEPORTISTAS RECOÑECIDAS COMO DE ALTO NIVEL
En xaneiro do ano 2004 púxose en marcha o procedemento para o recoñecemento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), co que se pretende apoiar aos deportistas máis destacados no ámbito nacional e internacional, incentivando a súa dedicación ao deporte de alto nivel.
Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia
Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro.
Solicitude
Está dispoñible na sede electrónica o procedemento PR948A para a solicitude do recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel.
Modelos de solicitude de recoñecemento da condición de deportista galego/a de alto nivel:
Anexo II. Certificación de datos da federación deportiva
Outros modelos (Se a solicitude se fai por sede electrónica xa se accede a eles dentro "da miña sede" no procedemento PR948A, na pestana accións)
_____________________________________________________________________________________________________________
Deportistas Galegos de Alto Nivel recoñecidos 2020
RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2020, así como as solicitudes desestimadas e a causa.