Áreas de traballo
Para o desenvolvemento dos plans anuais de actuación establécense catro áreas de traballo na Fundación Deporte Galego. A área de administración e contabilidade dálles soporte a todos os procedementos transversais das áreas técnicas. O sistema de traballo é sempre interdisciplinar; non é posible contar con persoal específico e diferente en cada área porque a carga de traballo por área non é homoxénea durante todo o ano.
a) Área de alto nivel deportivo
Responsabilízase das convocatorias de axudas, dos convenios e dos patrocinios publicitarios nas súas fases de asignación, seguimento e xustificación, a PERSOAS DEPORTISTAS, TÉCNICAS, ADESTRADORAS, XUICES, ÁRBITROS DE ALTO NIVEL e ENTIDADES DEPORTIVAS DE ALTA COMPETICIÓN.
- Equipo de traballo:
- Dirección: 2 directores técnicos.
- Persoal de apoio: 2 auxiliares administrativas.
- Actividades principais:
- PERSOAS DEPORTISTAS, TÉCNICAS, ADESTRADORAS, XUICES, ÁRBITROS DE ALTO NIVEL
- AXUDAS DGAN-TAXAGAN (PERSOAS DEPORTISTAS, TÉCNICAS/ADESTRADORAS e XUICES/ÁRBITROS GALEGAS DE ALTO NIVEL)
- PERSOAS DEPORTISTAS, TÉCNICAS, ADESTRADORAS, XUICES, ÁRBITROS DE ALTO NIVEL
- ENTIDADES DEPORTIVAS DE ALTA COMPETICIÓN
- PLANS PATROCINIO EQUIPOS ALTA COMPETICIÓN GALICIA
b) Área de fomento da actividade física e o deporte
Responsabilízase da organización e execución dos programas e eventos neste marco, en especial da dirección do PLAN GALICIA SAUDABLE e a dirección de INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE TITULARIDADE AUTONÓMICA-
- Equipo de traballo:
- Dirección Plan Galicia Saudable: 1 director técnico.
- Dirección Instalacións deportivas: 1 director técnico, 1 directora técnica, 1 coordinación instalacións.
- Persoal de apoio: 2 auxiliares administrativas.
- Actividades principais:
- Plan Galicia Saudable
- Xestión directa e indirecta, de instalacións deportivas de titularidade autonómica, encomendadas á Fundación Deporte Galego.
- Instalacións deportivas:
- A Coruña e Culleredo
- 3 Complexos Elviña I, Sardiñeira e Agra I:
- 4 Pavillóns Elviña II, Agra II, Monte Alto e Monte das Moas e Parque Deportivo Exterior Acea de Ama:
- Culleredo:
- Ourense:
- A Coruña e Culleredo
- Instalacións deportivas:
c) Área de administración e contabilidade
Nesta área aglutínase o labor de secretaría, contabilidade e administración da Fundación.
- Equipo de traballo:
- Xerente.
- Dúas auxiliares administrativas e unha auxiliar contable.