Escola Galega do Deporte

A Escola pertence á Secretaría Xeral para o Deporte, e ten entre outras funcións a de promover e autorizar as ensinanzas deportivas no período transitorio que desenvolven as federacións deportivas galegas, conducentes á obtención do diploma de adestrador deportivo de Nivel I, II ou III do deporte correspondente.

Outra importante función da Escola é o deseño de programas de actuacións formativas puntuais que se desenvolverían con formatos diversos como xornadas, seminarios ou congresos ao respecto de temas concretos relacionados co deporte.

A Lei xeral do deporte de Galicia fala de que a Administración autonómica elaborará os programas das ensinanzas de técnicos de acordo coas competencias que lle corresponden á comunidade autónoma, e que establecerá os programas de formación e perfeccionamento de técnicos en materia deportiva en colaboración coas federacións deportivas galegas. Neste mesmo capítulo descríbese á Escola Galega para o Deporte como o centro reitor das ensinanzas deportivas no ámbito de Galicia e tamén como o centro de documentación deportiva.

A Escola Galega do Deporte está autorizada para impartir o bloque común das actividades de formación deportiva (Orde do 18 de xullo de 2017)

A Escola Galega do Deporte está autorizada para impartir o bloque común das actividades de formación deportiva na modalidade a distancia (Orde do 21 de febreiro de 2018)

________________________________________________

PROCECEDEMENTO PARA O INICIO DE FORMACIÓNS E O RECOÑECEMENTO DE FORMACIÓNS DE ADESTRADORES

ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se habilitan os procedementos electrónicos para a remisión da declaración responsable para o inicio das actividades de formación deportivas e para a remisión á Secretaría Xeral para o Deporte da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoas adestradoras impartida polas federacións deportivas de acordo coa Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro (códigos de procedemento DE500A e DE500B).

DE500A - Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014).

DE500B - Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014).