Autorizacións e concesións demaniais

A Secretaría Xeral para o Deporte publica as seguintes resolucións en cumprimento do establecido no artigo 50.6 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (LPCAG), onde se indica que “As autorizacións ou concesións outorgadas publicaranse na páxina web da consellería competente ou da entidade pública instrumental”:

  • Resolución da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se acorda unha nova concesión demanial outorgada de forma directa ao Club Deportivo Lugo sobre as instalacións do campo de fútbol “Anxo Carro”
  • Resolución da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a concesión demanial da utilización dun espazo no campo de fútbol do Couto no concello de Ourense a favor da empresa American Tower España S.L. para a continuidade da actividade da base de telecomunicacións instalada nese espazo