Seguro deportivo 6-16
A Xunta de Galicia proporciona un seguro deportivo gratuíto para todos/as os/as escolares rexistrados/as en Xogade, tanto federados/as como non federados/as, desde os 6 aos 16 anos. Esta é unha medida fundamental para apoiar, sólida e eficazmente, o deporte de base, dentro do compromiso da Xunta de Galicia coa promoción da actividade físico-deportiva e os hábitos saudables.
Todas as federacións deportivas galegas adheridas ao programa Xogade poderán acceder ao seguro de accidentes deportivos proporcionado pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Os custos do seguro serán asumidos pola Secretaría Xeral para o Deporte.
É fundamental que tanto os/as técnicos/as como as familias coñezan o protocolo do seguro de Xogade.
Toda a documentación referida á cobertura do seguro de accidente deportivo, ao seu protocolo de actuación e ás federacións adheridas a este seguro atópase dispoñible en https://xogade.xunta.gal/