IGUALDADE LGBTI NO DEPORTE: DECÁLOGO E CANLE DE DENUNCIAS

O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, coordinado pola Consellería de Política Social e Igualdade, e no que están representados diferentes consellerías e departamentos da Xunta, representantes da Fegamp, universidades, sindicatos e asociacións, elaborou en febreiro de 2023 o "Informe diagnose sobre a situación do colectivo LGBTI no deporte galego", que servirá de base para a elaboración de protocolos de actuación para evitar situacións de discriminación no deporte, e para a posta en marcha de accións de sensibilización no ámbito deportivo.

DECÁLOGO POLA IGUALDADE LGBTI

O 15 de maio de 2024 presentouse o "Decálogo pola igualdade LGBTI no deporte", dirixido a toda a colectividade do deporte galego, que parte dunha clara premisa: todo tipo de corpos poden facer todo tipo de deportes.

CANLE DE DENUNCIAS

Co fin de promover un deporte inclusivo, respectuoso e libre de calquera forma de discriminación, infórmase de que as persoas interesadas poden dirixirse en caso de calquera situación de acoso e discriminación aos servizos postos a disposición pola Consellería de Política Social e Igualdade:  

Ligazóns