Unha praza de ascenso á Liga EBA ponse en xogo esta fin de semana. Unha 1º División Masculina da Federación Galega de Baloncesto que xa coroou a Obradoiro Silleda como o seu líder, busca agora ao seu subcampión, enfrontando en Ferrol (Pavillón Javier Gómez Noya) aos catro equipos clasificados entre o 2º e 5 posto na liga regular e con Club Baloncesto Costa Ártabra como anfitrión.