Celia Cerviño Ruiz subcampioa de dobres en Tunez
Celia Cerviño Ruiz proclamouse subcampioa de dobres do Torneo WTA Monastir (Tunez) celebrado do 7 ao 13 de decembro de 2020.
No cadro individual caeu ante a cabeza de serie número 6, Sada Nahimana (BDI) na primeira rolda.
No cadro de dobres, a xogadora con licenza polo Club de Tenis Pontevedra, formou parella con Olivia Gram , comezaron eliminando ás favoritas do cadro, Maria Bondarenko (RUS) e Flavie Brugnone (FRA) cun gran resultado de 62 61. A continuación eliminaron a Lola Mireille Glantz (GER) e Helena Narmont (EST) cun dobre 62 en cuartos e nas semifinais foron as gañadoras dun durísimo encontro ante Bojana Marinkovic (SRB) e Eliessa Vanlangendonck (BEL), o resultado 62 67(5) [10-7] .
Na final, non conseguiron superar ás xogadoras de Bosnia e Herzegovina, Nefisa Berberovic (BIH) / Anita Husaric, o resultado un dobre 64.