Nova
10/10/2022
Federativas
Gonzalo González finalista do Internacional Masters 1000 de Capdepera
Gran resultado para o xogador lucense do Club Deportivo D10, Gonzalo González González. Conseguiu ser subcampión do Torneo Internacional Masters 1000 de Capdepera.
Gonzalo eliminou a Rogier Henny (USA) 6-3 6-0, a Roberto Devalle (ITA) cun dobre 6-0, a Javier Linares Corral (ESP), número 17 do ranking mundial, cun resultado de 2 -6 6-1. 6-0, a Vicente Sanz García (ESP) por 6-1 6-0 nos cuartos de final e en semifinais a Niels De Kok (NED) remontando un primeiro set en contra 6-7 (5) 6-4 3-3 .
Gonzalo parecía imparable, pero na final, que durou 5 horas, non puido vencer ao favorito do cadro e número 2 do ranking mundial +55, Bart Theelen (NED). O resultado 6-3 4-6 6-4.