Nova
02/05/2023
Federativas

Gonzalo González campión do Internacional MT700 - Bari

Gonzalo González González, xogador do Club Deportivo D10, proclamouse campión +55 do Torneo Internacional Senior MT700 – Bari, en Italia.

O lucense non perdeu nin un set en todo o torneo. Eliminou a Alessandro Esterino (ITA) por 6-0 6-1, a Antonio Lattanzio (ITA) por 6-3 6-1, a Giuseppe Facchini (ITA) por 6-0 6-1, nas semifinais a Andrea Morucchio (ITA) por 6-4 6-2 e na final a Simone Galli (ITA) por 6-4 6-2

Parabéns Gonzalo!!