Nova
22/09/2023
Federativas

Jessica Bouzas eliminada nos cuartos do Parma Ladies Open

Jéssica Bouzas Maneiro acadou un gran resultado no Parma Ladies Open, chegando aos cuartos de final.

A xogadora galega superou nas primeiras xornadas ás italianas Nuria Brancaccio (6-2 6-4) e Dalma Gálfi (6-1 6-0).

Katarzyna Kawa, número 97 do circuíto WTA, eliminou a Jéssica nos cuartos de final deste torneo italiano de categoría W125.

2 horas e 16 minutos de xogo remataron cun resultado de 2-6 6-4 3-6 para a polaca, que se enfrontará en semifinais á favorita do cadro A. Schmiedlova.

A galega inscribiuse para competir a vindeira semana no W40 Kursumbijska Banja, un torneo de terra batida en Serbia.