Nova
18/12/2023
Federativas
Jessica Bouzas campioa do Master Nacional MAPFRE de Tenis
A pontevedresa Jessica Bouzas Maneiro proclamouse campioa do Máster Nacional de Tenis MAPFRE no Pavillón Pilar Fernández Valderrama de Valladolid.
O Máster MAPFRE de Tenis naceu en 2018 co nome Máster Futuro Nacional MAPFRE, destinado inicialmente a xogadores da categoría Sub23. Despois da pandemia, o torneo abriuse a xogadores de maior idade por invitación.
Jessica gañou nas semifinais a Irene Burillo por 7-6(6) 6-1 e na final gañou a Marina Bassols, vencedora das edicións de 2019 e 2022, cun dobre 6-4.