INSCRICIÓN DE FEDERACIÓN

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

Procedemento PR946A - Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Documentación 

  • Solicitude de inscrición: modelo normalizado PR946A
    • Debe estar en posesión dun NIF expedido pola AEAT para as persoas xurídicas. No caso de non dispoñer do NIF, deixarase sen cubrir este apartado e actuarase por medio dunha persoa representante, que se identificará e asinará a solicitude na sede electrónica.
    • Considérase suficiente a representación pola persoa que figura como presidente/a na acta fundacional. 
  • Acta fundacional outorgada ante notario asinada, como mínimo, por trinta (30) clubs deportivos con domicilio social en Galicia, constituídos en xunta promotora.
  • Estatutos asinados.
  • Memoria acreditativa do cumprimento dos requisitos do artigo 54.5 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
  • Identificación da xunta directiva da federación: nome e apelidos, NIF, teléfono e correo electrónico. Debe estar asinado por cada membro como aceptación expresa do cargo.
  • Protocolo aprobado de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte. 
  • Autorización para a comprobación de datos (anexo II).  
  • Código de bo goberno.
  • Documento acreditativo da representación, no seu caso.
  • Xustificante do pago da taxa (código 30.02.00). O pagamento da taxa poderá realizarse:
    • Na sede electrónica, como un dos pasos da tramitación en liña no procedemento PR946A.
    • En calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, coa presentación do documento de pago correspondente, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria: acceso directo a iniciar taxa). Neste caso, deberá cubrirse cos códigos que se indican a continuación e achegar o xustificante de pago coa solicitude PR946A.

Códigos das taxas 

  • Consellería 
    • Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: 04
  • Delegación 
    • Servizos Centrais: 13
  • Servizo
    • Secretaría Xeral para o Deporte: 06
  • Taxa
    • Inscrición no rexistro: código 30.02.00. Importe: 10,47 euros

*Tarifas de taxas vixentes segundo a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano.

Envío da solicitude de inscrición

A solicitude de inscrición (PR946A) debe dirixirse a: 

  • Consellería: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes 
  • A12024281 - Secretaría Xeral para o Deporte