Nova
01/04/2025
Federativas
Gonzalo González, campión do MT1000 Manavgat en Turquía
Un novo título internacional para o lucense Gonzalo González, que se coroa como campión +55 do MT1000 Manavgat en Turquía.
O xogador do Centro Deportivo D10 logrou chegar á final eliminando ao alemán Achim Thomas (6-0 6-1), o rumano Bela Mozes (6-4 7-5) e a Niels De Kok de Países Baixos (7-6 (6) 6-1).
A final comezou do lado de Marc Duncker, tamén de Países Baixos, pero Gonzalo puido recuperarse dun primeiro set na contra para acabar gañando por 6-7(5) 6-1 6-3.