Nova
09/06/2025
Federativas
Gonzalo González finalista do MT1000 de Budapest
Gonzalo González González continúa sumando títulos á súa lista de logros. Logrou ser finalista do MT1000 en Budapest na categoría +55.
Para chegar á final, o lucense venceu aos seguintes xogadores:
- Levente Nandori (HUN), cun resultado de 6-2 6-1
- David Sweeney (IRL), cun resultado de 6-1 6-3
- Alessandro Fornaro (ITA), cun resultado de 7-6(4) 7-6(4)
- Diego Mandara (ITA), cun resultado de 6-3 6-4
Na final perdeu contra Taraschi Kikalischvili de Georgia, nun partido que rematou 6-4 e 6-3.
Con este resultado, Gonzalo sobe un posto no ranking ITF de veteranos +55 anos, alcanzando o número 2.