Nova
30/09/2025
Federativas
Nilo Rubén Pérez Calo, campión de dobres no MT700 Bol en Croacia
Un novo título para Nilo Rubén Pérez Calo, que se converteu no campión de dobres +70 xunto a Tibor Rakonczay (HUN) no MT700 Bol en Croacia.
Nilo conseguiu chegar aos cuartos de final na categoría individual +70, perdendo contra Zeljko Simcic (GER).
En dobres, derrotaron na final á parella formada por Dario Musa (ARG) e Andrew Stanley (GBR) cun marcador de 7-6(9) 6-1.