Nova
24/11/2025
Institucionais

O Celta Zorka adica o seu partido da Liga Challenge á loita contra a violencia de xénero

Vigo, 23 de novembro de 2025.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, asistiron ao partido da novena xornada da Liga Feminina Challenge que enfrontou ao Celta Femxa Zorka e ao MCR Lima Horta Barcelona, con motivo da Campaña de Promoción e Sensibilización do Deporte Feminino Galego 2025, coincidindo coa conmemoración do 25-N.