Nova
19/05/2026
Federativas
Martín De la Puente campión de dobres do WC500 Roma – Internazionali BNL d'Italia
Martín De la Puente coroouse campión de dobres no WC500 Roma – Internazionali BNL d'Italia, celebrado do 14 ao 17 de maio.
Martin engadiu un novo logro ao gañar o título de dobres xunto a Tom Egberink (NED).
Nas semifinais, conseguiron vencer a Andrew Penney (GBR) e Daniel Rodrigues (BRA) cun marcador de 6-1 e 6-2.
A final non se celebrou debido a unha lesión de Ruben Spaargaren (NED), que facía parella con Daniel Caverzaschi.
Na categoría individual do torneo, Martín foi eliminado nas semifinais por Gordon Reid (GBR).