Nova
19/05/2026
Federativas

Jessica Bouzas no Parma WTA 125

Jessica Bouzas foi eliminada nas semifinais do Torneo Parma Ladies Open – Parma WTA 125.

A xogadora galega eliminou a Marta Lombardini (ITA) cun resultado de 6-4 6-2 na primeira rolda e na segunda desfíxose de Lilli Tagger (AUT) cun marcador de 6-3 6-2.

Nos cuartos de final enfrontouse a Susan Bandecchi (SUI), nun partido que rematou cunha vitoria de Jessica por 6-1, 3-6 e 6-4.

A ucraína Dayana Yastremska eliminou a Jessica nun partido moi disputado, como demostra o resultado de 6-7(5), 7-6(4), 6-7(5).

Esta semana competirá no WTA 250 de Rabat en Marrocos, estaremos atentas aos seus resultados.