Nova
03/06/2026
Federativas

Martín De la Puente, finalista de dobres e semifinalista individual no WC1000 Barcelona – TRAM Barcelona Open

O tenista galego Martín De la Puente completou unha gran actuación no WC1000 Barcelona – TRAM Barcelona Open, celebrado do 27 ao 30 de maio, chegando ás semifinais de individual e á final de dobres

Na competición individual, Martín debutou cunha traballada vitoria contra o brasileiro Daniel Rodrigues, a quen derrotou por 6-3, 2-6 e 7-6(5) nun partido moi axustado. Nos cuartos de final, o vigués volveu amosar a súa mellor forma, vencendo ao chileno Alexander Cataldo por 6-4 e 6-3.

A súa traxectoria no torneo rematou nas semifinais, onde se enfrontou ao actual número un do mundo, o xaponés Tokito Oda. Tras un primeiro set difícil, Martín remontou no segundo e levou o partido a un tie-break, pero finalmente perdeu por 6-0 e 7-6(2).

En dobres, xunto co holandés Tom Egberink, tamén realizou un torneo excelente. Nas semifinais, derrotaron á parella formada por Daniel Caverzaschi e Maarten Ter Hofte por 6-3, 3-6 e 10-6, asegurándose así a súa praza na final.

No partido polo título, enfrontáronse á dupla británica formada por Alfie Hewett e Gordon Reid, unha das parellas máis fortes do circuíto internacional. Martín e Egberink non puideron darlle a sorpresa aos favoritos e perderon por 6-2 e 6-3, quedando segundos no torneo.

Con estes resultados, Martín de la Puente suma outra semifinal individual e unha final de dobres nun torneo da categoría WC1000, consolidando a súa posición entre os mellores xogadores mundiais de tenis en cadeira de rodas.

¡Parabéns!