Nova
20/07/2026
Federativas

Rafael Izquierdo chega aos cuartos de final no M15 Castelo Branco

O tenista galego Rafael Izquierdo Luque completou unha destacada actuación no M15 Castelo Branco (Portugal), torneo do circuíto ITF World Tennis Tour celebrado do 13 ao 19 de xullo, chegando aos cuartos de final tras encadear dúas sólidas vitorias.

Na súa estrea, Izquierdo superou ao portugués João Dinis Silva nun partido moi axustado, gañando por 7-6(2) e 7-5. Na segunda rolda, o galego mostrou un gran nivel de xogo para derrotar de forma decisiva a outro xogador local, Gonçalo da Rosa Castro, por 6-4 e 6-1, selando así o seu pase á antepenúltima rolda.

A súa carreira no torneo rematou nos cuartos de final, onde caeu ante o español Pablo Pérez Ramos por 6-4 e 6-4, tras un partido moi disputado.

Con este resultado, Rafael Izquierdo continúa a gañar experiencia e puntos no circuíto internacional da ITF.