Nova
10/08/2026
Federativas

Sonja Zhiyenbayeva campioa do VI Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Ourense

O Club Santo Domingo puxo fin este domingo á VI edición do Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Ourense – W75 Ourense –, un evento que volveu reunir en Ourense a algunhas das mellores tenistas internacionais.

A kazaja Sonja Zhiyenbayeva coroouse campioa do torneo tras derrotar á búlgara Isabella Shinikova nunha final moi disputada, por 7-6(2), 3-6 e 6-1. O partido, celebrado o domingo 9 de agosto, foi un gran espectáculo e decidiuse no terceiro set.

Na competición de dobres, o título foi para a parella portuguesa formada por Francisca Jorge e Matilde Jorge, que se coroaron campioas despois de que non se puidese xogar a final prevista contra o dúo británico formado por Freya Christie e Alicia Dudeney. A final estaba fixada para o venres 7 de agosto, pero unha lesión sufrida por Dudeney durante o seu partido de cuartos de final individual impediu que o encontro se celebrase.

Coa celebración das finais individuais e dobres, o W75 Ourense pecha outra edición marcada polo alto nivel competitivo e a presenza de xogadoras de diferentes países, consolidando o Club Santo Domingo e o Ourense como unha das sedes de referencia do tenis feminino internacional en Galicia.

Final de Dobres W75 Ourense
Venres, 7 de agosto – 18:30 h.
Campioas: Francisca JORGE (POR) e Matilde JORGE (POR)
Finalistas: Freya CHRISTIE (GBR) e Alicia DUDENEY (GBR)
A final non se xogou debido á lesión da xogadora británica Dudeney no partido individual de cuartos de final.

Final individual W75 Ourense
Domingo, 9 de agosto – 10:30 h.
Campioa: Sonja ZHIYENBAYEVA (KAZ)
Finalista: Isabella SHINIKOVA (BUL)
Resultado na final 7-6(2) 3-6 6-1