XXVIII Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Vigo W35
O Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo acolleu do 9 ao 16 de agosto o XXVIII Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Vigo W35, un evento incluído no circuíto internacional ITF World Tennis Tour.
A competición concluíu este domingo coa final individual, na que Sonja Zhiyenbayeva (KAZ) coroouse campioa tras vencer a Yufei Ren (CHN) por 7-6(6) e 7-5.
A xogadora de Kazhakhstán puxo o broche de ouro a dúas semanas excepcionais en Galicia, onde gañou dous títulos consecutivos. Tras coroarse campioa do Torneo Internacional de Tenis Feminino W75 Cidade de Ourense a semana pasada, Zhiyenbayeva volveu triunfar en Vigo na proba individual, ademais de chegar á final de dobres. Esta excelente forma permitiulle gañar dous títulos en só dúas semanas.
Na competición de dobres, disputada o sábado, Victoria Gomez O'Hayon (ESP) e Arantxa Rus (NED) foron campioas tras vencer na final a Ekaterina Yashina (RUS) e Sonja Zhiyenbayeva (KAZ) por 6-3 e 6-4.
O torneo reuniu xogadoras de diferentes países ao longo de toda a semana en Vigo e permitiu que todas puidesen gozar do tenis internacional de alto nivel, consolidando un ano máis este importante evento no calendario feminino.
O XXVIII Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Vigo contou co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego, Xacobeo 2027 e Galicia Calidade.
Final de dobres – sábado 15/08
Campioas: Victoria Gomez O'Hayon (ESP) / Arantxa Rus (NED)
Finalistas: Ekaterina Yashina (RUS) / Sonja Zhiyenbayeva (KAZ)
Resultado na final: 6-3, 6-4
Final individual – domingo 16/08
Campioa: Sonja Zhiyenbayeva (KAZ)
Finalista – Yufei Ren (CHN)
Resultado final 7-6(6) 7-5