Nova
11/09/2026
Federativas

IV Pontevedra Internacional Junior U14

O IV Internacional de Pontevedra Júnior U14 reunirá a novas promesas do tenis no Club de Tenis de Pontevedra.

O Club de Tenis de Pontevedra acollerá, do 14 ao 19 de setembro de 2026, unha nova edición do Pontevedra International Junior U14, un torneo internacional dirixido a xogadores da categoría sub-14.

A competición, que cumpre a súa cuarta edición, forma parte do circuíto internacional Tennis Europe Junior Tour e contará coa participación de novos tenistas que buscarán gañar experiencia e puntos nun evento internacional.

Durante seis días, as instalacións do Club de Tenis de Pontevedra acollerán a competición, convertendo a cidade nun dos referentes do tenis base internacional durante esa semana.