Nova
05/10/2026
Federativas

Celia Cerviño Ruiz chega ás semifinais do W35 Baza Open JCastillo-Occident

A galega Celia Cerviño Ruiz, que accedeu coma wild card, chegou ás semifinais do W35 Baza Open JCastillo-Occident, torneo disputado do 28 de setembro ao 4 de outubro de 2026.

Cerviño comezou a súa participación cunha vitoria contra a española María Oliver Sánchez por 7-5 e 6-2. Na segunda rolda superou a Carmen Gallardo Guevara por 6-2 e 7-6(9), mentres que nos cuartos de final se impuxo á francesa Nahia Berecoechea por 6-4 e 7-6(4).

Nas semifinais, a xogadora gallega perdeu contra a neozelandesa Valentina Ivanov por 6-3 e 6-2, poñendo fin a unha destacada actuación no torneo.

Nos dobres, Celia Cerviño formou parella con Alba Rey García. As dúas chegaron aos cuartos de final, onde perderon contra Carolyn Ansari (EUA) e Valentina Ivanov (NZL) por 4-6, 6-4 e 10-8.

O título do torneo foi para a española Charo Esquiva Bañuls, que se coroou campioa do W35 Baza Open JCastillo-Occident.