Nova
08/10/2026
Eventos
A Xunta súmase á homenaxe ao mediofondista coruñés Andrés Díaz na presentación da milla que leva o seu nome
A Coruña, 8 de outubro de 2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiu hoxe ao acto de presentación da primeira edición da Milla Andrés Díaz, proba que se disputará na tarde do vindeiro venres 9 de outubro na contorna do Parrote coruñés. A carreira, organizada polo club Coruña Comarca, homenaxea ao mediofondista coruñés Andrés Díaz, plusmarquista que ostentou o récord europeo de 1.500 durante máis de vinte anos. Ademais de percorridos para escolares, a competición contará cunha milla (1.609 metros) popular e outra de elite, e cunha proba de exhibición, a Milla Vintage, na que competirá o propio Andrés Díaz xunto outros atletas da súa xeración.