Federativas

05/02/2024

Jessica Bouzas Maneiro conseguiu ser subcampioa do W50 de Porto, celebrado do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro.

30/01/2024

Victoria de Jessica Bouzas Maneiro no W75+H de Porto. A vilagarciá conseguiu o seu primeiro título do ano superando a Maja Chwalinska.

15/01/2024

Luis J. Ordieres Canal proclamouse campión +50 no Torneo International Masters Tour Rafa Nadal Academy – MT200 Manacor, celebrado do 2 ao 7 de xaneiro.

15/01/2024

Martín De la Puente comeza o ano con grandes resultados, conseguiu ser finalista individual e campión da proba de dobres do Victorian Wheelchair Open celebrado do 8 ao 12 de xaneiro en Australia.

19/12/2023

O xogador do Real Club Tenis Coruña, Nicolás Bellas Panadero, impúxose no Mutua Madrid Open Sub-16 celebrado do 15 ao 17 de decembro en Madrid.

18/12/2023

A pontevedresa Jessica Bouzas Maneiro proclamouse campioa do Máster Nacional de Tenis MAPFRE no Pavillón Pilar Fernández Valderrama de Valladolid.

18/12/2023

O tenista vigués Martín De la Puente proclamouse por sétima vez campión de España de tenis en cadeira.

24/11/2023

Ramón Talín xogará as semifinais de dobres en parella con Martín Rodríguez, enfrontarase a Salvador Almeida e Evan Galea tras vencer na primeira rolda ao portugués Vicente Ferreira e ao brasileiro Rafael Nascimento por 6-3 6-4, na segunda rolda aos franceses Anthime Duguet e Arthur Milot por 6-4 6-4 e en cuartos a Joao Pedro de Camargo e Alemán Kravchenko por 6-3 6-3.

17/11/2023

Jessica Bouzas cae nos oitavos de final da Copa LP Chile ante a húngara Panna Udvardy por 6-4 6-2 tras gañar a primeira rolda á chilena Fernanda Labraña por 6-2 6-0.

13/11/2023

O vigués Martín De la Puente sumou un novo título de campión do Master Nacional de Tenis en Cadeira de Rodas (xa leva seis).