O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo baixou o telón da XXI edición do ITF World Tennis Tour Junior – Fuente Liviana, que organizou de forma brillante dende o pasado domingo 21 de outubro.
A pasada fin de semana disputouse na praia do Gurugú (Castellón) a II edición do Campionato de España por Equipos onde o Sporting Club Casino Coruña logrou facerse co bronce na primeira división.
A selección galega, formada por Álvaro Illobre Saavedra e Daniel Prada García, conseguiu ser finalista na XXI edición do Campionato de España de Tenis en Cadeira MAPFRE por Comunidades Autónomas en Miranda de Ebro (Burgos).
No Club de Tenis Pontevedra rematou o Torneo Pontevedra Internacional Junior U14. O xogador do Real Club Tenis Coruña, Ramón Talín Maíz, logrou ser finalista na proba de parellas masculinas.