Federativas

03/11/2025

Gran resultado para a tenista Sol Junquera Martínez, que conseguiu ser finalista no torneo internacional J30 Silla, celebrado en Silla (Valencia) do 28 de outubro ao 1 de novembro.

29/10/2025

Celia Cerviño Ruiz conseguiu ser finalista en dobres no Torneo Internacional W15 de Villena.

28/10/2025

O vigués Martín de la Puente gañou por sétimo ano consecutivo o XXVIII Máster Nacional de Tenis en Cadeira «Open ONAT Foundation», celebrado en Barcelona no Complex Esportiu Municipal de Les Franqueses del Vallés

28/10/2025

O coruñés Rafael Izquierdo Luque foi campión de dobres do Torneo Internacional M25 de Sintra, celebrado do 20 ao 27 de outubro de 2025.

27/10/2025

Rematou no Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo a 17º edición do Torneo Internacional Cadete Sanxenxo-Fuente Liviana. O coruñés Jorge Álvarez Mosteiro logrou o título de dobres co portugués Duarte Santa María.

13/10/2025

Gonzalo González González conseguiu ser finalista do MT1000 Mallorca na categoría +55.

30/09/2025

Dobre vitoria de Martín De la Puente no Sardinia Open Internacional, logrou ser campión tanto en individuais como en parellas xunto a Rubén Spaargaren.

30/09/2025

Un novo título para Nilo Rubén Pérez Calo, que se converteu no campión de dobres +70 xunto a Tibor Rakonczay (HUN) no MT700 Bol en Croacia.

22/09/2025

Rafa Izquierdo realizou unha gran actuación no M25 Setúbal, superando a previa e chegando ás semifinais na proba individual e terminando como finalista na proba de dobres.

09/09/2025

Yeray Quián Darriba participou no Campionato de España Júnior de 2025 celebrado no Club de Tenis Chamartín en Madrid do 11 ao 17 de agosto.