Nova
16/03/2026
Federativas
Martín De la Puente gaña o ITF 500 de Roma
Martín De la Puente gañou o título de campión do torneo ITF 500 de Roma, celebrado do 9 ao 13 de marzo.
Martin, que comezou como cabeza de serie número 1, eliminou a Conner Stroud (EUA) cun resultado de 6-1 6-3 nos oitavos de final, a Alexander Cataldo (CHI) cun dobre 6-0 6-0 nos cuartos de final e a Ben Bartram (GBR) cun resultado de 6-4 7-6(3) nas semifinais, imparable!
O madrileño Daniel Caverzaschi foi o seu opoñente na final, que rematou cun marcador de 6-2 6-2.