Campionato Galego de Clubs

Campionato Galego de Clubs 2019
O vindeiro domingo día 2 de xuño de 2019, terá lugar no Polideportivo Municipal de As Pontes, en xornada de mañá a partir das 9.30 horas o Campionato Galego de Clubs.
No devandito evento, que está organizado pola Federación Galega de Karate e D.A., no que colabora o Concello de As Pontes, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, participan un total de 64 equipos (200 deportistas) nas modalidades de kata e kumite por equipos nas categorías Alevín, Infantil, Xuvenil, Cadete, Junior e Sénior masculino, feminino e mixtos, pertencentes a 15 clubs da Autonomía Galega
CLUBS PARTICIPANTES
-A.R.C. Grupo Bazán (Ferrol- A Coruña)
-Club Akai Ryu (Negreira- A Coruña)
-Club Artes Marciales Fene (Fene- A Coruña)
-Club Bunkai (Ferrol- A Coruña))
-Club Galaico (Lugo)
-Club Galea Sport (Miño - A Coruña)
-Club de Karate Casino de Ares (Ares-A Coruña)
-Club Karate C. Carballo (Carballo- A Coruña)
-Club Renbukan (Ferrol- A Coruña)
-Club River Stone (O Barco de Valdeorras- Ourense)
-Club San Francisco Teo (Teo- A Coruña)
-Club Shihan (Lugo)
-Club Fundación Cipri Gomes (Ourense)
-Escola de Karate Cedeira (Cedeira-A Coruña)
-Karate Club Chantada (Chantada- Lugo)