Convocatorias
14/08/2023

DE401B – Subvencións clubs EQUIPAMENTO ADAPTADO – Lista definitiva de beneficiarios

Prazo: 
desde 24/08/2023 ata 15/10/2023

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2023 pola que se publica a relación definitiva das solicitudes beneficiarias, as desestimadas e as inadmitidas, ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

ORDE do 8 de agosto de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido na base 25ª do anexo I da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/23 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

  • Prazo de xustificación: 15.10.2023