Convocatorias
24/04/2025

DE401E_PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ADESTRA A TÚA SAÚDE

Prazo: 
desde 25/04/2025 ata 09/05/2025

CONVOCATORIA PARA A PRESELECCIÓN DOS CONCELLOS GALEGOS QUE PARTICIPARÁN NO DESENVOLVEMENTO E IMPLEMENTACIÓN DO PROGRAMA ADESTRA A TÚA SAÚDE

A presente convocatoria ten por obxecto a preselección de concellos galegos que reúnan as condicións de aptitude técnico-deportiva para a realización de actuacións conxuntas para o desenvolvemento e implantación do programa ADESTRA A TÚA SAÚDE, de prescrición de exercicio físico dende os centros de saúde e a posterior derivación a profesionais de actividade física dependentes dos concellos, para a realización, seguimento e avaliación da prescrición médica de exercicio físico.

Os concellos galegos interesados en participar no desenvolvemento e implantación do programa ADESTRA A TÚA SAÚDE deberan presentar unha solicitude conforme ó previsto na presente convocatoria. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , segundo o modelo que se inclúe como ANEXO I desta convocatoria (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO DE401E) e e resto de anexos asociados ao procedemento

Documentos
ANUNCIO DOG_cast (349.83Kb)
ANUNCIO DOG_gal (349.74Kb)